Dáme unha mañá dalgún domingo Onde amargo sexa o sorbo do café Voltemos a ser homos e non sapiens Espertémonos a hora de comer A sociedade do deber anestesiada Agora é a sociedade do poder Producirei só emocións naqueles ollos Que me observan con olleiras e un tremer Dáme unha mañá dalgún domingo Onde amargo sexa o sorbo do café Imaxinemos realidades paralelas Onde ninguén estea enfermo polo estrés Gañe o tempo non facendo nada Porque se a nada é todo o que tes Conquistemos a quietude deste instante Xa pensaremos en chegar a fin de mes Dáme unha mañá dalgún domingo Onde non sintamos culpa por pracer Robots civilizados e humáns robotizados Nesta era chea de redes sen tecer Pasamos tanto tempo na procura Do sentido desta vida e o seu fin Que non nos chega o tempo pra vivila E a resposta nunca chegaría así Dáme unha mañá dalgún domingo Onde amargo sexa o sorbo do café Imaxinemos realidades paralelas Onde ninguén estea enfermo polo estrés Gañe o tempo non facendo nada Porque se a nada é todo o que tes Conquistemos a quietude deste instante Xa pensaremos en chegar a fin de mes Xa pensaremos en chegar a fin de mes